Implícate! Noite de música e palabra solidaria
Data: Domingo, 12 de xaneiro de 2014. Ás 20.30 horas
Lugar: Teatro Principal de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 22)
Presenta: A poeta Yolanda Castaño e o actor Luís Tosar
Organiza: A ONG galega Implicadas/os No Desenvolvemento. Visita www.implicadas.com
Un ano máis, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a cita anual de Implicadas coa cultura e a solidariedade. Artistas do mundo da música, danza, teatro e literatura daranse cita o domingo 12 de xaneiro, ás oito e media da tarde, para participar na IX edición do 'Implícate! Noite de música e palabra solidaria', organizado por Implicadas/os no Desenvolvemento e presentado por Yolanda Castaño e Luís Tosar.
Obxectivos do festival:
O obxectivo do 'Implícate! Noite de música e palabra solidaria', no que as/os artistas colaboran de xeito desinteresado, é facer un chamamento á solidariedade das galegas e galegos, unindo nesa noite a cultura galega e a solidariedade galega. O propósito principal deste evento é dar a coñecer o traballo desta organización de cooperación ao desenvolvemento, invitar ao público a ver o mundo con outros ollos, a reflexionar, e a cambiar o mundo, dende Galicia, dende a conciencia crítica e a acción clara. Igualmente, os cartos recadados con esta iniciativa destínanse integramente a financiar proxectos de cooperación para o desenvolvemento de Implicadas.
Esta iniciativa lévase a cabo dende o ano 2006 en colaboración co Concello de Santiago, co Teatro do Morcego e con outras organizacións e institucións galegas. Dende o 2007 celébrase sempre no Teatro Principal de Santiago de Compostela e conta coa colaboración desinteresada dos artistas así como dos presentadores do festival. Consulta un vídeo resumo do festival Implícate! no 2013. (Pincha)
Ao longo da noite do Implícate!, o público pode gozar das actuacións dos artistas galegos e coñecer a filosofía de traballo de Implicadas, o tipo de proxectos de cooperación ao desenvolvemento que está a levar a cabo en comunidades do Sur e as actividades de sensibilización e concienciación que realiza no ámbito galego.
Este ano o cartel do 'Implícate! Noite de música e palabra solidaria' está formado por:
MÚSICA:
> Najla Shami
> DEUSA TOLA
> Ataque Escampe
DANZA
> Druída Danza
LITERATURA
> Olga Novo
> Cesáreo Sánchez
> Elvira Riveiro
> Daniel Salgado
TEATRO
> Camila Bossa e Iolanda Muíños
> David Perdomo
Máis información sobre outras edicións do Implícate! (Pincha)
Máis información sobre Implicadas:
> Facebook (Pincha)
> Twitter (Pincha)
> Youtube (Pincha)
> Flickr (Pincha)