Oxalá puidesen falar é a primeira do autor, quen foi un veterinario e escritor británico que utilizou os seus moitos anos de experiencia profesional para escribir unha serie de libros que consistían en historias sobre animais e os seus donos. Foi tal o seu éxito mundial que a súa obra foi levada en varias ocasións ao cinema e a televisión. Aínda que a obra de inspiración autobiográfica ten lugar no Yorkshire dos anos corenta sigue mantendo a beleza emocional e a hilarante retranca que brilla con esplendor na lingua galega. É unha lectura recomendable para todo amante dos animais e indispensable para todas aquelas persoas relacionadas coa profesión veterinaria
Do Peirao é unha editora con vontade de cambio, de publicar obras pouco convencionais pero de indudable calidade, con novas e frescas ideas como é a de empregar unha campaña prevenda para promocionar cada título cando esta aínda se atopa en proceso de edición.
Deste xeito es ti, agora que pensa como colabora, o que decide se a obra que che presentamos verá a luz pasando a formar parte do noso catálogo... porque consideramos ao lector parte fundamental do proceso.
Hoxe presentámosvos a James Herriot.
James Alfred Wight, (3 de outubro de 1916 - 23 de febreiro de 1995), coñecido co nome de James Herriot, foi un cirurxián e escritor veterinario británico que usou as súas numerosas experiencias como cirurxián veterinario para escribir unha serie de libros consistentes. historias sobre animais e os seus donos. É máis coñecido por estes traballos semi-autobiográficos, comezando por If Only They Could Talk en 1970, que provocou unha serie de películas e series de televisión.
«Oxalá puidesen falar é un libro de memorias que relata o primeiro ano de James Herriot nunha práctica veterinaria na pequena cidade inglesa de Darrowby».
E por aquí unha mostra do que atoparedes nas súas páxinas:
«Recordo que era unha tarde na que o sol brillaba. Enchín o coche cos cans de Siegfried e conducín por un vello camiño mineiro que gabeaba verde e atractivo pola ladeira dun outeiro costento. Camiñamos dous ou tres quilómetros pola herba suave, logo demos volta e enfilamos ladeira arriba, entre o cálido recendo dos fieitos e o zunido das moscas, ata o mesmo cume onde a brisa era doce e ben recibida e se podía ver claramente todo o Dale aló embaixo, dende a cabeceira onde os grandes macizos espidos se alzaban no extremo salvaxe ata baixar á rica chaira, cuadriculada e bretemosa, aos pés. Estaba sentado no breixo cos cans formando un anel expectante cando o arrecendo dos Dales chegou coa brisa, a fragrancia que roubou o vento de millas de cálidos pastos e coitadas flores das gándaras. Coñecéronme cando por primeira vez baixei do bus en Darrowby fai un ano. E deime de conta de que labrara o meu camiño ao longo do ciclo completo: fixera a primeira rolda dunha viaxe máxica. E todo sucedera aló embaixo. Moitas das granxas que visitaba víanse dende onde eu estaba sentado; zarrapicadas de pedra gris co seu gando, puntos inmóbiles dende a distancia, espallados polos prados ao redor delas. Eran irrecoñecibles os campos de batalla do ano pasado, os escenarios da miñas primeiras loitas onde todo sucedeu, dende os éxitos estimulantes ata os abxectos fracasos. Había xente aló embaixo que pensaba que eu era un veterinario moi válido, outros que me consideraban un idiota encantador, uns poucos estaban convencidos que eu era un xenio e un ou dous que me botarían os cans se eu lles puxera un pé nas súas portas. Todo nun ano. Cal sería a miña posición dentro de trinta anos? Ben, coma se o vise, moito máis do mesmo. E que será dos animais sobre os cales todo o pequeno drama xira? É unha mágoa que non poidan falar porque sería precioso ter os seus puntos de vista. Hai unhas poucas cousas que me gustaría saber. Que pensan das súas vidas tan diferentes? Que pensan de nós? E serán capaces de rirse de todo isto?»
Sabemos que son tempos difíciles, tamén nós os sufrimos, e pode que non te atopes en disposición de apoiarnos co teu mecenazgo nestes momentos... pero agardamos que se esto te chegou ao alma, incluso se tal vez coñeces en persoa ao autor, trates de difundir esta campaña (facebook, twitter, blogger, boca-orella... ) para que academos a nosa meta e sexa publicada esta obra.
Gustaríanos destacar que na primeira edición o traductor comprométese a donar os beneficios xerados polos dereitos da traducción (1% do precio de venda do libro) á SOCIEDAD PROTECTORA DE ANIMALES Y PLANTAS DE LUGO.