No monte Siradella comeza e conclúe o repaso, trinta anos despois de coñecelo, á tan excepcional como descoñecida vida de Vicente Piñeiro. Así como a de Vincent Wale. Unha vida ateigada de casualidades e acontecementos excepcionais que decorre a través da Galiza de finais do século XIX, das orixes do cinema ou da guerra civil española entre outros moitos lugares e épocas. E na que mesmo se resolverá a procedencia dun misterioso Óscar.
Unha viaxe na procura da identidade tanto do propio Vicente como do autor xa que tal e como afirma o protagonista da novela: O pasado sempre está presente.
Do Peirao é unha editora con vontade de cambio, de publicar obras pouco convencionais pero de indudable calidade, con novas e frescas ideas como é a de empregar unha campaña prevenda para promocionar cada título cando esta aínda se atopa en proceso de edición.
Deste xeito es ti, agora que pensa como colabora, o que decide se a obra que che presentamos verá a luz pasando a formar parte do noso catálogo... porque consideramos ao lector parte fundamental do proceso.
Hoxe presentámosvos a Diego Casal.
Nado no Euskadi dos oitenta pronto se traslada á Galiza de onde é toda a súa familia. Namorará de Compostela, onde reside actualmente, mentres se licenza en Ciencias Políticas. Logo de traballar para RNE agora resolve dúbidas fiscais cando a Axencia Tributaria ten a ben contar con el.
Gústanlle as cousas sinxelas como petiscar no pan aínda quente, pasar os chuviosos novembros en Cineuropa ou ir ben cedo a ler á praia da Mourisca durante o verán. Esta afección á lectura levouno a escribir varios relatos curtos, algún deles publicado en prensa, e a súa primeira novela: Siradella.
«Un moi bo amigo cualificou Siradella, cando lla din a ler, como unha mostra de “antropoloxía ficcionada”. Esa definición pareceume bastante acertada. Coido que esta é unha novela entretida e de doada lectura. Mais tamén un libro no que, sempre dentro do contexto da ficción e da trama, se reflicten polo miúdo numerosos aspectos da vida de xentes de diversas épocas e lugares así como as peculiaridades de algúns dos acontecementos de maior importancia dos séculos XIX e XX.
Ademais, conta cunha pequena intriga, a aparición dun Óscar misterioso, que fará que ó lector, agardo, lle resulte aínda máis atractiva e estimulante».
E por aquí unha mostra do que atoparedes nas súas páxinas:
«O son da radio non pasara de ser un agradábel balbordo de fondo ata ese intre, no que unha nova chama a miña atención:
“... participación de máis de vinte axentes. A redada no pazo deste coñecido narcotraficante cambadés concluíu co comiso dunha elevada cantidade de cartos en efectivo, uns cen mil euros, varios obxectos de arte e co sorprendente achado dun Óscar. Segundo fontes policiais, un experto verificou que non parecía tratarse dunha falsificación aínda que, polo momento, ata poder acreditar totalmente este aspecto, gárdase certa cautela ó respecto. De confirmarse este suposto, estariamos ante un verdadeiro misterio: cal é a procedencia deste Óscar? e... cómo chegou a mans do detido?”
(...)
Paso a folla para anotar a nova mostra de azar xurdida da radio. Amais, esta é das miñas favoritas. Das que, por moitas voltas que lle de, non vou atoparlle xustificación. Decátome de non ter bolígrafo nin lapis e érgome do sofá para ir á papelaría e, xa de paso, facer a compra.
No chan, queda o arquivador azul aberto, xustamente, polos papeis coa resposta ó misterio do Óscar.»
Sabemos que son tempos difíciles, tamén nós os sufrimos, e pode que non te atopes en disposición de apoiarnos co teu mecenazgo nestes momentos... pero agardamos que se esto te chegou ao alma, incluso se tal vez coñeces en persoa ao autor, trates de difundir esta campaña (facebook, twitter, blogger, boca-orella... ) para que academos a nosa meta e Diego Casal vexa publicada a sua obra.