Entra

Entra con facebook

login facebook

¿No tienes cuenta?

Solpor en Figueiras

Widgets del proyecto

Vertical

<iframe src='https://www.lanzanos.com/tandaia/apoya/4041/1/' width="260" height="510" frameborder='0'> </iframe>

Horizontal

<iframe src='https://www.lanzanos.com/tandaia/apoya/4041/0/' width="334" height="110" frameborder='0'> </iframe>

Loogic Partners

En Loogic creemos en las personas y creemos que cuanto más cerca de ellas estemos, más podremos ayudarles y más podrán ayudarnos. Nosotros estamos limitados, somos un equipo magnífico pero que no llegamos a todas partes. Queremos tener personas que nos ayuden, sea de forma individual o desde empresas, que compartan la filosofía de Loogic y quieran ayudar a emprendedores, startups e inversores.

Nuestras áreas de acción son amplias, si crees que puedes ayudarnos en alguna de ellas, crees que puedes llevarlas a aquellos a los que nosotros no llegamos, queremos conocerte.

Loogic engloba:

Que?



Estes oito relatos de Solpor en Figueiras queren ser unha proposta no senso de contar canto de ordinario e extraordinario sucede ao redor dun lugar onde decorre a narración como á busca de respostas. Oito historias para un exercicio de imaxinación literaria, homenaxe ás xentes que xeran alento poético sen renunciar á consciencia do lector. Son acontecementos do común con protagonistas de diversas clases sociais, condicións, sexo e idades diferentes, onde a paisaxe impón un cambio de actitude na traxectoria vital da comunidade. Predios misteriosos, mortes inhóspitas, mulleres e homes ao límite, noite, chuvia, relento, nun libro que persegue a visión fantástica dunha bisbarra de Galiza.



Quen?



Do Peirao é unha editora con vontade de cambio, de publicar obras pouco convencionais pero de indudable calidade, con novas e frescas ideas como é a de empregar unha campaña prevenda para promocionar cada título cando esta aínda se atopa en proceso de edición.



Deste xeito es ti, agora que pensa como colabora, o que decide se a obra que che presentamos verá a luz pasando a formar parte do noso catálogo... porque consideramos ao lector parte fundamental do proceso.



Hoxe presentámosvos a Guillerme Coen.



Nado en Bos Aires no ano 1957, chegou a Compostela once anos despois  e foi á escola como outros rapaces do barrio da Choupana para exercer de picheleiro. Administrativo de profesión gusta do cine, da natureza e da literatura. Atopa nos libros un recuncho da súa personalidade, de prexubilado amante da lectura, que pretende confirmar con estes relatos de Solpor en Figueiras.



Anteriormente publicou outro libro de relatos, A calor dun niño, e a novela Brais, que supuxo a súa persoal confirmación como escritor en lingua galega.  





«Imaxina que no teu barrio ou na túa aldea comezan a ocorrer acontecementos desconcertantes, dramáticos e conmovedores  nos que ti dalgún xeito te vés envolto… Pero canto de realidade hai en cada un deles? Oito relatos cheos de intriga e enigmáticos personaxes que non te deixarán indiferente, espertarán a túa ansiedade e obrigarán ata o final.



Solpor en Figueiras está recomendado para aqueles lectores que queiran  deixar voar a súa imaxinación e sentirse parte dunha historia».



Por que?



E por aquí unha mostra do que atoparedes nas súas páxinas:



«Esa tarde de verán saía da casa sen alentar de grandes novidades no eido de camiñar polas proximidades. Calcaba as botas de coiro contra os penedos e collía cara á faldra do monte, preto da pista onde remata Presendo, xa ás portas da fraguiza. Alí comezan as corredoiras de laxes sobrepostas, delimitadas por unha caterva de grandes rochas naturais a non máis dun quilómetro da igrexa de Santa Cateliña, nos límites de Figueiras, onde un penacho de vinte metros, a Rocha Morna, sinala o antigo Camiño de Santiago cara a Fisterra, «seica o derradeiro» din. Hai anos tiña debuxada unha frecha amarela no vértice de baixo mais co tempo borrouse. De cando en vez, teñen aparecido peregrinos entre os claros do vedramio para continuaren senda pola beira da estrada comarcal ou para preguntaren por algún enderezo onde xantar quente. Tamén me teño encontrado con cazadores do lugar, veciños ou coñecidos de vista, que levaban as escopetas en bandoleira. Viñan en silencio a meirande parte deles. Outros, dun xeito diferente, armaban tremendos batifondos nunha especie de algarabía xocosa con cantos e risas, máis ben para pasaren un tempo de lecer entre amigos que para cazaren algún coello.
          Eu fago os mesmos percorridos de sempre porque non coñezo a zona e adoito extraviarme. Gusto dos montes de carballos en troques dos eucaliptos e sitios de rochas onde a terra semella erma. Escapo deles á mínima oportunidade. Outras veces, tropezo cos veciños ao faceren un traxecto parello co meu, aparto a Tobi para que non trabe a ninguén e póñome falar se é xente do meu aquel segundo enredo a conversa. Atusmo con deleite nesas ocasións imprevisíbeis, sen présas, ben metidas na fala e paseando co latricar doutras persoas paseniño. Moitas delas, saúdan cun sinxelo “boa tarde” ou “bo camiño” mais soa coa cortesía dun compañeiro, como un futuro amigo pendente de coñecer.
          Mais aquel día sería diferente…»



Ademais...



Sabemos que son tempos difíciles, tamén nós os sufrimos, e pode que non te atopes en disposición de apoiarnos co teu mecenazgo nestes momentos... pero agardamos que se esto te chegou ao alma, incluso se tal vez coñeces en persoa ao autor, trates de difundir esta campaña (facebook, twitter, blogger, boca-orella... ) para que academos a nosa meta e Guillerme Coen vexa publicada a sua obra.


Editorial Tandaia

location Santiago de Compostela, España
Desde su origen, en 2014, Tandaia ha tenido perfectamente claro su objetivo; dar una oportunidad a quienes, derrochando calidad, otras editoriales se la niegan. Siguiendo esta línea, en apenas un par de años contamos con cuatro colecciones de Ficción dirigidas a distintos géneros: desde la novela histórica hasta la literatura juvenil, pasando por el noir o el alt-lit. En este momento, habiendo mantenido nuestro espíritu inicial, Tandaia se abre a nuevos mercados sin perder de vista el objetivo de buscar nuevos valores para que vosotros, lectoras y lectores, aquellos a quienes buscamos complacer con un catálogo plural y de calidad, podáis acceder a nuestros títulos en distintos formatos y cada vez desde lugares más lejanos. Así pues, contamos con presencia en Latinoamérica y con nuestros libros en formato digital en las distintas plataformas de ventas de ebooks. Confiamos en que, si ya nos conocías, podamos continuar compartiendo todo esto contigo... y si acabas de dar con nosotros, esperamos que la apuesta de Tandaia permita que sea el inicio de una gran amistad.
Escoge tu recompensa
16€
EXEMPLAR DO LIBRO (España)
Con esta recompensa recibirás na túa casa un exemplar de SOLPOR EN FIGUEIRAS semanas antes de que estea disponible nas tendas; para ti ou como ese agasallo que non das atinado a escoller. Sen custos de envío en España.
27 personas han apoyado
19€
EXEMPLAR DO LIBRO (resto do mundo)
Con esta recompensa recibirás na túa casa un exemplar de SOLPOR EN FIGUEIRAS semanas antes de que estea disponible nas tendas; para ti ou como ese agasallo que non das atinado a escoller.

Custo de envío para fóra de España xa incluido.
0 personas han apoyado
22€
EXEMPLAR E GALERADAS (España)
Escollendo esta opción terás a posibilidade de avanzar na historia en calquera parte, sexa en pantalla ou papel.

Sen custos de envío en España.
0 personas han apoyado
25€
EXEMPLAR E GALERADAS (resto de mundo)
Escollendo esta opción terás a posibilidade de avanzar na historia en calquera parte, sexa en pantalla ou papel.

Custo de envío para fóra de España xa incluido.
0 personas han apoyado
28€
PREMIUM (España)
Todo o anteriormente exposto (exemplar e galeradas) pero, ademais, verás o teu nome impreso nos agradecementos do libro... para que cando Guillerme Coen sexa unha celebridade poidas demostrar que colaboraches no seu éxito.

Sen custos de envío en España.
0 personas han apoyado
31€
PREMIUM (resto do mundo)
Todo o anteriormente exposto (exemplar e galeradas) pero, ademais, verás o teu nome impreso nos agradecementos do libro... para que cando Guillerme Coen sexa unha celebridade poidas demostrar que colaboraches no seu éxito.

Custo de envío para fóra de España xa incluido.
0 personas han apoyado
48€
TRES EXEMPLARES (España)
Para ti, familiares e amigos... tres exemplares cos custos de envío gratuitos (en España) semanas antes de que saia á venda.
4 personas han apoyado
54€
TRES EXEMPLARES (resto do mundo)
Para ti, familiares e amigos... tres exemplares semanas antes de que saia á venda, co custo de envío para fóra de España xa incluido.
0 personas han apoyado