Cando Pablo esperta do accidente non recorda nada, ten por diante unha tarefa tan complexa como apaixonante, recuperar a memoria, recompoñer a súa vida, mais... como é non recoñecerse nos propios recordos? Que pasa cando a vida vivida é a vida de outro?...
Benvidos a Malin, unha introspección tan sutil como a súa retranca, necesaria, punzante e doce ao mesmo tempo, como a propia natureza.
Do Peirao é unha editora con vontade de cambio, de publicar obras pouco convencionais pero de indudable calidade, con novas e frescas ideas como é a de empregar unha campaña prevenda para promocionar cada título cando esta aínda se atopa en proceso de edición.
Deste xeito es ti, agora que pensa como colabora, o que decide se a obra que che presentamos verá a luz pasando a formar parte do noso catálogo... porque consideramos ao lector parte fundamental do proceso.
Hoxe presentámosvos a Xosé Fernández.
Nado en O Grove a finais dos setenta, como unha uva mencía que madura no atlántico, pasa a súa vida a cabalo entre a península meca e a súa terra, Chantada.
Doutor pola Universidade de Vigo, despois de pasar polo mundo do ensino nas diferentes etapas: infantil, primaria, secundaria e adultos, atopou na xestión deportiva o seu estímulo profesional.
Amante dos momentos, deses praceres vitais que se agochan nas cousas cotiás como unha conversa, un solpor... Descubriu na lectura un universo de instantes que deixan pouso, e na escritura un medio para recrealos e compartilos, o que lle levou a escribir a súa primeira novela: Malin.
«Malin é unha obra de sinxela lectura, que nos permite mergullarnos na pel do protagonista, na súa viaxe cara o interior de si mesmo, a través de vivencias, recordos, sensacións e conversas, que lle obrigarán a tomar decisións nas que conflúen e se confunden pasado, presente e futuro. Unha historia que mestura humor, crueza e valentía a partes iguais, como ingredientes necesarios para transformar unha paréntese, nun punto de inflexión.
Todos levamos un Pablo Nogueira dentro... Sobes?».
E por aquí unha mostra do que atoparedes nas súas páxinas:
«... Espertei mergullado nun arume de sexo e suor, capaz de retrotraerme a todos e cada un dos momentos vividos pola noite... Mentres pensaba, en que momento decidimos desnaturalizar as relacións sexuais?, porque no fondo, non era máis ca iso!. O ser humano, nalgún momento, que mellor lle houbera sido estar quieto, decidira estigmatizar a forma máis completa de comunicarnos, e relegala a unha simple ferramenta de procreación, ou a efémeros encontros de paixón, no mellor dos casos...
Cos ollos a medio abrir, busquei o corpo de Lorena, ao meu carón, aínda estaba medio durmido, pero todo parecía indicar que tiña unha “conversa” pendente con ela. Canto máis me movía, máis se esfumaban os recordos, e as posibilidades de “dialogar”, porque por máis que estiraba brazos e pernas, o único obstáculo que atopaba era o borde que marcaban a fin do colchón.
Por un momento, a sensación de “dejabú” sobresaltoume, aceleróuseme o pulso... pero o arume a torradas, e o feito de recordar que estaba en casa allea, foron o analxésico perfecto para me recuperar do susto inicial...»
Sabemos que son tempos difíciles, tamén nós os sufrimos, e pode que non te atopes en disposición de apoiarnos co teu mecenazgo nestes momentos... pero agardamos que se esto te chegou ao alma, incluso se tal vez coñeces en persoa ao autor, trates de difundir esta campaña (facebook, twitter, blogger, boca-orella... ) para que academos a nosa meta e Xosé Fernández vexa publicada a sua obra.