_ Unha revista de fútbol en lingua galega. Contando historias, deixando de lado referencias temporáis, centrándonos nos sucesos que teñen o fútbol como eixe. Seguindo unha liña similar a marcada por Antonín ("Proyecto Panenka"), "So Foot" no país galo, "Un Caño" en Arxentina, "11 Freunde" en Alemaña, .. Tentando combinar ideas, mesturar pontos de visión e aderezar todo coa tremenda ilusión que se ten no proxecto.
_ O soño de tentar encher o baleiro que presenta o periodismo relacionado co deporte rei en lingua galega. A intención final de que mensualmente preto de cen páxinas con contido futbolístico en lingua galega pasen a imprenta. A búsqueda da superación da utopía, poder ofrecer en cada número textos de autoría relevante. Que persoas de renome no ámbito do fútbol presenten as súas verbas para seren traducidas a lingua galega.
_ A persecución de crear o que nos agradaría poder atopar no mercado, pero que ata data ninguén se arriscou a levar adiante. Contar ás historias que nos encantaría ter escoitado de cativos.
_ A pretensión de mostrar un trato o fútbol na lingua de Rosalía como ata a data nunca se realizou.