Artistas do mundo da música, danza, teatro e literatura daranse cita o domingo 08 de xaneiro, ás 20:30 h na XII edición do Implícate.
DESCRICIÓN
Data: Domingo, 08 de xaneiro de 2017. Ás 20.30 horas
Lugar: Teatro Principal de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 22)
Presenta: Yolanda Castaño e Monti Castiñeiras
Organiza: A ONG galega Implicadas/os No Desenvolvemento. Visita http://implicadas.net/
Un ano máis, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a cita anual de Implicadas coa cultura e a solidariedade. Artistas do mundo da música, danza, teatro e literatura daranse cita o domingo 08 de xaneiro, ás oito e media da tarde, para participar na XII edición do 'Implícate! Noite de música e palabra solidaria', organizado por Implicadas/os no Desenvolvemento e presentado por Yolanda Castaño e Monti Castiñeiras.
Obxectivos do festival:
O obxectivo do 'Implícate! Noite de música e palabra solidaria', no que as/os artistas colaboran de xeito desinteresado, é facer un chamamento á solidariedade das galegas e galegos, unindo nesa noite a cultura galega e a solidariedade galega. O propósito principal deste evento é dar a coñecer o traballo desta organización de cooperación ao desenvolvemento, invitar ao público a ver o mundo con outros ollos, a reflexionar, e a cambiar os hábitos do noso día a día, dende Galicia, dende a conciencia crítica e a acción clara. Igualmente, os cartos recadados con esta iniciativa destínanse integramente a financiar os proxectos de cooperación para o desenvolvemento que Implicadas ten no Sur da India: “Erradicación do Infanticidio Feminino” en Salem e “Empoderamento de Mulleres II” en Tiruchy.
Esta iniciativa lévase a cabo dende o ano 2006 en colaboración co Concello de Santiago, co Teatro do Morcego e con outras organizacións e institucións galegas. Dende o 2007 celébrase sempre no Teatro Principal de Santiago de Compostela e conta coa colaboración desinteresada dos/as artistas así como das presentadoras do festival.
Ao longo da noite do Implícate!, o público pode gozar das actuacións dos/as artistas galegos/as e coñecer a filosofía de traballo de Implicadas, o tipo de proxectos de cooperación ao desenvolvemento que está a levar a cabo en comunidades do Sur e as actividades de sensibilización e concienciación que realiza no ámbito galego.
Este ano o cartel do 'Implícate! Noite de música e palabra solidaria' está formado por:
PRESENTAN: Yolanda Castaño e Monti Castiñeiras
MÚSICA: De Vacas, Nacho Vegas e IGMIG
TEATRO: Marián Bañobre e Rober Bodegas
POESÍA: Eli Ríos, Gonzalo Hermo, O Leo e Margarida Ledo
DANZA: Clara Ferrao
Máis información sobre Implicadas:
WEB: http://implicadas.net/
> Youtube